O grupo de Memoria Histórica do PE comprométese a seguir traballando na vindeira lexislatura pola devolución do pazo de Meirás

Ana Miranda propón que se investigue o impacto económico do espolio franquista

Memoria histórica Parlamento Europeo Ana Miranda BNG

dav

Bruxelas, 10 de abril de 2019 O grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo, do que forma parte a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, comprometeuse hoxe a seguir traballando pola devolución do pazo de Meirás. Asemade, este grupo de eurodeputados e eurodeputadas defensores da recuperación da memoria, así como as eurodeputadas Soraya Post e Eleonora Forenza -impulsoras xunto Ana Miranda da Resolución contra o Avance do Fascismo en Europa- expresaron o seu apoio ao colectivo 19 de Meirás e ao historiador Carlos Babío, denunciados pola Fundación e a familia Franco.

A recuperación do pazo de Meirás é un tema que estará vivo na seguinte lexislatura”, salientou Ana Miranda, quen exerceu de portavoz do grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo xunto a Ernest Urtasun e Josep María Terri-Cabras. A eurodeputada nacionalista propuxo, por outro lado, a necesidade de elaborar un estudo sobre o impacto económico do espolio franquista.

Ernest Urtasun, na súa intervención, ademais de facer fincapé na reclamación do pazo de Meirás “como vello vestixio franquista”, cualificou de “insultante” que as persoas que encabezan esta loita estean denunciadas pola Fundación e a familia Franco. Precisamente Néstor Rego, como representante dos 19 de Meirás, explicou que a denuncia contempla unha petición de máis de 247 anos de cárcere por ocupar simbolicamente o pazo de Meirás o 30 de agosto de 2017 para reclamar a súa devolución.

Os delitos dos que acusan aos 19 de Meirás consisten nos de “Violación de morada”, co agravante de violencia ou intimidación, que segundo o Código Penal español está penado con prisión de 1 a 4 anos; “Delito contra o honor” con publicidade, penado con 6 meses a 2 anos ou multa de 12 a 24 meses; “Danos”, na modalidade agravada, penado con prisión de 1 a 3 anos e multa de 12 a 24 meses; e “Delito de odio”, penado con prisión de 1 a 4 anos e multa de 6 a 12 meses.

Anomalía democrática

Poñemos en evidencia unha anomalía democrática, como é que unha familia disfrute dunha propiedade ilegalmente, roubada polo ditador amparándose no poder que tiña durante os anos da guerra, e avalada pola propia monarquía”, salientou Rego. Ao seu xuízo, a recuperación do pazo de Meirás non se trata só do seu valor económico, senón do “valor político e simbólico de restauración da dignidade da memoria democrática”. Criticou asemade a inacción do goberno español ao respecto, “que tendo toda a base xurídica elaborada polo Parlamento de Galiza e a Deputación da Coruña para proceder a súa reclamación non o fai”. Neste sentido indicou que a única explicación para que non se proceda á reclamación é a existencia de presións dos poderes fácticos “incluída a Casa Real”.

Pola súa banda, o historiador Carlos Babío, autor da obra “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio”, recalcou que a adquisición do pazo por parte do ditador foi froito do espolio. Precisamente Babío é neta dunha sadense que foi expulsada da súa casa para incorporala ao recinto do pazo e denunciado pola familia Franco por expoñer estes feitos nun programa de televisión. “Estamos diante dunha anomalía democrática”, subliñou.

participa nunha nova iniciativa do grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo, neste caso no percorrido en Sevilla por diversos lugares paradigmáticos da represión franquista. Deste xeito, tras a reunión celebrada con asociacións memorialísticas, un dos lugares visitados foi o Cemiterio Municipal San Fernando de Sevilla, onde vítimas da represión están enterradas en foxas e a Basílica da Macarena, onde está enterrado o xenocida Gonzalo Queipo de Llano.

Lamentablemente, a impunidade do franquismo con Queipo de Llano, enterrado con todas honras, é similar a que padecemos en Galiza coa familia Franco a respecto do pazo de Meirás, unha das propiedades incautadas polo ditador que sigue en mans da súa familia”, subliñou Ana Miranda, quen considera que esta situación é unha “grave anomalía democrática que o Estado español ten o deber de corrixir”.

E precisamente para rematar con esta anomalía a deputada galega considera que o Estado español conta cunha “útil ferramenta” como é a Resolución en contra do avance do fascismo, aprobada na Eurocámara o pasado 25 de outubro. Este documento insta, no seu artigo 20, a que os Estados Membros prohiban as asociacións e organización que fan apoloxía do fascismo e do nazismo. “É dicir, desde a Eurocámara pedimos ao Estado español que prohiba a Fundación Francisco Franco”, explica Miranda.

As emendas aprobadas nesta resolución tamén contemplan a retirada dos restos do ditador do Val dos Caídos e a retirada de toda a simboloxía franquista, así como o desenvolvemento do traballo de contextualización e reinterpretación para que os símbolos que non sexan suprimidos contribúan á sensibilización do público e a recuperación da memoria histórica.

Visibilidade internacional

A visita a Sevilla constitúe a terceira iniciativa organizada polo grupo de Memoria Histórica da Eurocámara, integrada por deputadas e deputados de distintos países e de diferentes grupos políticos agás o PP, en menos dun anos. A primeira delas consistiu nunha visita ao Val de Cuelgamuros, para reclamar a retirada dos restos do ditador; mentres que a segunda foi o percorrido polo pazo de Meirás, onde a delegación puido comprobar como alí se fai apoloxía da ditadura.

Desde o grupo de Memoria Histórica da Eurocámara queremos acadar visibilidade internacional para o problema da impunidade do franquismo e rematar co incumprimento de principios europeos sobre a memoria democrática”, salienta Ana Miranda ao tempo que denuncia o continuo incumprimento da Lei de Memoria Histórica.

.